Benvid@ a ACIA BURELA

 

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela bota a andar en outubro de 2011 cunha liña de traballo moi concreta, dinamiza-la actividade económica do Concello de Burela e por extensión da Comarca da Mariña Luguesa.

ACIA Burela está representada por unha directiva nova, comprometida e ilusionada, que cre firmemente na necesidade de xunguir esforzos comúns, nunha tarefa de longo percorrido, para a que é necesaria a colaboración e participación de tódolos sectores: económicos, sociais e culturais.Este portal da ACIA de Burela quere ser unha porta aberta a todos: aos veciños que pasean de cotío polas nosas rúas e conforman o carácter aberto e cosmopolita do noso pobo; aos visitantes, próximos ou máis lonxanos, que se achegan a coñecernos e a gozar dos encantos deste concello mariñeiro que vive de fronte ao Mar Cantábrico: gastronomía, paisaxe, cultura, servizos; aos nosos asociados: industriais, autónomos, comerciantes, hosteleiros, profesionais e emprendedores.Desexando que esta ferramenta sirva para facilita-la comunicación, contribuír á difusión das actividades organizadas e transmiti-la vitalidade do pobo burelés.

Rubén Pinin

Presidente de Acia Burela