UN MAR DE TAPAS 5

 

Chegou o tapeo a Burela, durante as fins de semana do 15-16-17 e 22-23-24 Burela vestirase de etiqueta para navegar na 5ª edición dun Mar de Tapas. Durante 6 días, 20 locais ofrecerannos a tapa coa que deleitarnos e coa que participan no concurso de tapas que este ano contará co chef Héctor López que presidirá o xurado. Cada tapa venderase a 2 euros e os clientes que selen o cartón que pode atoparse nos locais participantes en polo menos 18 establecementos entrará no sorteo de 500 euros en metálico e unha cesta de peixe valorada noutros 500.

Presentación do 5ª Mar de Tapas

Os gañadores do 5º Mar de Tapas de Burela foron:

O primeiro lugar foi para o Hotel Nordés, coa tapa "Puro mar", seguido do Mis en Plas con "Milhojas Cantábrica" e o terceiro posto foi para O Sitio con "Lechazo Tandoori Masala".

Puro Mar, Hotel Nordés  Milhojas Cantábrica, Mis en Plas  Lechazo Tandoori Masala, O Sitio